miércoles, 4 de febrero de 2015

Conciénciate co humor


Viñetas cómicas




    Interpretando esta viñeta desde un punto de vista medioambiental, podese observar como Mafalda dalle a espalda ao mundo ante a falta de concienciación ciudadana no que todo o mundo debería saber que é a súa responabilidade involucrarse no coidado do planeta no que vivimos. E cun toque irónico chámanos a todos os seres humanos irrespetuosos, pola falta de responsabilidade no día a día, que fan que o planeta se resinta.
    Creado por: Raquel Piñeiro Menduíña.





Esta viñeta pretende criticar a situación actual na que se atopan as illas Canarias por culpa das extraccións petrolíferas que van traer graves consecuencias a curto e longo plazo tanto para o medioambiente do arquipélago.
Todo isto tamén causará que os vertidos teñan un gran impacto ambiental xa que poden verse afectados ecosistemas con vakores naturais de gran interés e a rica biodiversidade mariña existente  en concreto nas Illas de Fuerteventura e Lanzarote, polo tanto, tamén poderían verse afectadas o resto das illas do arquipélago.
Creado por: Hugo Avalle Araujo.






Sobre a contaminación lumínica, ata o momento, existe escasa conciencia social, malia que xera numerosas e prexudiciais consecuencias como son o desperdicio de enerxía (e as emisións de gases de invernadoiro resultantes do seu producción),el dano aos ecosistemas nocturnos, os efectos daniños á saúde en humanos e animais, as dificultades para o tráfico aéreo e marítimo, as dificultades para a astronomía e a perda en xeral da percepción do Universo a grande escala. É probable que moitos dos efectos negativos da contaminación lumínica sexan descoñecidos aínda.
Creado por: María José Couso Fervenza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario